Camarada Nimoy chega ao Salvaxe de Ordes o 19 de abril co seu artefacto sonoro

 O Salvaxe acolle o vindeiro sábado 19 de abril o concerto de Camarada Nimoy aa 23:30h. As súas frecuencias sonoras fundidas coa proposta visual da banda levarannos de viaxe desde Ordes até unha república ideal fundada na galaxia exterior. A entrada para o concerto da Salvaxe ten un prezo popular de 3 euros.
 

Etiquetas: 

12ª Edición do Festival Reperkusión

O Festival Reperkusión abre ata o 1 de maio a convocatoria para que artistas, grupos e compañías profesionais e amadoras presenten as súas propostas para formar parte da programación da 12ª edición do festival, que se celebrará na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11, 12 e 13 de xullo.
 

Etiquetas: 

Estopa actuará no mes de maio na Coruña e Vigo, dentro da súa xira "A soas"

Estopa actuará no mes de maio na Coruña --día 23 no Palacio da Ópera-- e Vigo --día 24 en Auditorio Mar de Vigo--, dentro da sua xira 'A soas', un percorrido especial por teatros no que os irmáns David e José Manuel Muñoz serán os únicos músicos sobre o escenario. "Isto pode ser o mellor que fagamos na nosa vida, porque é consolidar o que somos e o que podemos facer sempre ata que nos morramos", resaltou David.
 

Etiquetas: 

Roteiro e ceia pelo Castro de São Cibrão das Lãs (Lansbriga)

O DTS (Desperta do teu sono) organiza uma ceia para o próximo dia 12 de Abril na Vila de Santo Amaro (Comarca do Carvalhinho-Ourense) ( Oficial: San Amaro).
 
O objetivo é apresentar as III Jornadas das Letras galego-portuguesas em Pitões. O programa é o seguinte:

1- Vemo-nos no castro de Lansbriga (São Cibrão das Lãs)
2- Roteiro pelo Castro e pelo Centro de Interpretação (A Gallaecia, pátria dos celtas)
3- Ceia no restaurante "LEMBRANÇA" da Vila de Santo Amaro 21:00-23:00

Etiquetas: 

O millo corvo non falta a súa cita

A Asociación Cultural Meiro organiza do 28 ao 30 de marzo os XVI Encontros
Non haberá un multitudinario encontro degustación como en ocasións anteriores, pero o millo corvo segue a ser un dos signos identitarios da aldea de Meiro. A vindeira fin de semana organízase unha nova edición dos encontros e haberá charlas, obradoiros, música... e a imprescindible muíñada.
 

Zamaramandi en concerto

Sábado, 5 de Abril ás 22:30h, na sala Karma, primeiro concerto de Zamaramandi na cidade de Pontevedra.

Alí presentaravos temas inéditos, que forman parte do seu primeiro disco, a poucas semanas de saír á luz. Reggae con ritmos profundos e trivais, cheo de harmonías que acariñan o jazz con letras de rebeldía social. Non volo perdades!!

Etiquetas: 

A navalla das Cíes xa ten a súa festa gastronómica

Celebrarase en Cangas os días 28, 29 e 30 de marzo.
 
A presentación, onte na Lonxa da vila, onde é un dos productos estrela
 
Esta festa gastronómica ten coma finalidade exaltar un dos produtos marítimos máis característicos da vila, que xunto co percebe conforman o 50% da recadación da Lonxa de Cangas. En concreto o pasado ano recolléronse máis de 65.000 quilos de navalla e se facturaron case 500.000 euros. En total 25 veciños do municipio se dedican á recollida da Navalla das Cíes.
 

1º ANIVERSARIO DE NOITE FECHADA NO ENCONTRO!!

Xa fai un ano que botaron a andar e fixérono aquí, na súa casa, O Encontro.

Etiquetas: 

Enterro do Mexilón 2014

Fin de Festa do Entroido no pobo de Aldán (ver mapa) con un dos mellores de Galiza, como moita xente con gañas de pasar un bo día e o mellor para agar as penas.
 

Etiquetas: 

Peteirando contos: Cocorico, Polo Pepe e A galiña roxa

Nesta nova MAÑANCIÑA DE CONTOS,
adicada ao mellor público infantil,
Andel Libraría convidavos a disfrutar de
Peteirando contos: Cocorico, Polo Pepe e A galiña roxa
con
O Señor Gravata Torta
O sábado, 22 de marzo, ás 12 horas,

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribe to As Furnas RSS