Roteiro pola protección do Monte Das Barreiras e A Pereiriña

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 1 de marzo un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da senda que vai desde Chan de Armada até a área natural das sobreiras do Monte das Barreiras e A Pereiriña, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo. O roteiro, segundo e último deste inverno, será circular e sairá as 11 da mañá fronte á área forestal de Chan de Armada, para chegar ás 14 h. ao mesmo lugar.

Etiquetas: 

Concerto Amancio Prada en Ribadeo

O vindeiro sábado 21 de febreiro ás 20:30 horas, no Auditorio Muncipal Hernán Naval, actuará Amancio Prada
 
Inéditos e Clásicos:
 
Convosco, Amancio Prada
 

Etiquetas: 

Roteiro pola protección de Castiñeiras e das sobreiras de As Cavadas

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 1 de febreiro de 2015 un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da senda que vai desde Chan de Castiñeiras até a área natural das sobreiras de As Cavadas, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo.
 

Etiquetas: 

Presentación da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, convoca a todas as persoas interesadas a asistir este venres, 23 de xaneiro, ás 20:30 horas, á presentación da mesma nunha asemblea aberta que ten por obxecto darse a coñecer e dar a coñecer os seus obxectivos e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Municipal (Multiusos da Xunqueira).

Na reunión tratarase así mesmo sobre a elección do candidato a presentar pola asociación a "Persoeiro do ano 2015".

Etiquetas: 

As Illas Cíes ofrecen unha viaxe no tempo o 14 de febrero

A Xunta estrea as rutas guiadas de inverno con cinco saídas aos catro arquipélagos
 
 
Unha viaxe no tempo é a proposta que ofrece o parque nacional das Illas Atlánticas para o próximo día 14 de febreiro: unha viaxe ás Illas Cíes nas que os visitantes coñecerán aspectos novedosos deste espazo natural.
É a primeira ruta guiada do inverno que organiza a Consellería de Medio Ambiente, pero haberá máis visitas en febreiro e marzo e non só a Cíes senón tamén ao resto dos arquipélagos, a Ons,a Sálvora e a Cortegada.

Etiquetas: 

Presentación do disco "Orquesta Gharbo"

O vindeiro domingo 25 de xaneiro ás 21:h., Nelson Quinteiro fará a presentación do disco "Orquesta Gharbo!" na sala Aturuxo de Bueu

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato transfondo ecolóxico.

Etiquetas: 

A música de U2 chega ao Auditorio

Variada e de calidade, sempre co teatro como referencia, a programación do Auditorio de Cangas do último trimestre atende a moitas actividades solidarias e arríscase cun experimento que traerá a música do grupo irlandés "U2", a través de "U2 Live Experience" a este Auditorio o 12 de decembro.

Etiquetas: 

O Festival “ Son Rías Baixas ” trasládase á contorna natural de Cabo Udra

SON RIAS BAIXAS - ESTE ANO EN CABO UDRA

SKA-P, A Raíz e Aphonnic son os tres grupos confirmados ata o momento

Etiquetas: 

O XXX Festival Ortigueira promete "unha edición para o recordo" con The Chieftains e Milladoiro

MILLADOIRO

“Lévalo dentro. Sínteo”. Con este convite directo aos folkies, presentábase este mediodía na Casa Consistorial o 30 Festival Ortigueira que se celebra do 17 ao 20 de xullo. O alcalde ortegano, Rafael Girón, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o coordinador do evento, Alberto Balboa, subliñaron o carácter excepcional desta edición, que renderá tributo á historia do certame, e contará como cabezas de cartel con dúas bandas míticas: The Chieftains e Milladoiro. Dous auténticos pesos pesados do folk internacional para unha entrega que promete.

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribe to As Furnas RSS