Actividades

Mercadiño de troco e cesión no Morrazo

O mercadillo está para uso e desfrute de todas e todos aqueles que teñan cousas na casa que xa non empregan e estean interesados en trocar ou cedelos por outras cousas ás que lle poidan sacar partido.

Estas xornadas realízanse co afán de optimizar os recursos dos veciños do Morrazo. Debido á sociedade de consumo na que vivimos, moitas e moitos de nós rematamos con acopio de bens que xa non usamos. Este mercadiño vai enfocado a sacarlle partido a eses bens, sendo reutilizados por outra xente. Deste xeito, axúdase á economía de aquelas e aqueles que realicen o troco ou cesión e ó tempo fomentamos a reutilización, que é un dos pilares do ecoloxismo.

O funcioamente sería, por exemplo, traes uns libros, roupa e unha batidora e trocas os libros por outros que aínda non liches, a roupa por uns cds de música e a batidora por uns zapatos.

Ó final da xornada, a roupa que non foi trocada e que os donos non queran recuperar, será doada a organizacións que a empreguen para axudar ós máis necesitados.

A participación cidadá está aberta a todas e todos.

A súa realización irase rotanto polos principais núcleos de poboación do Morrazo.