Unha experiencia ‘SonRías Baixas’ cargada de doses culturais

Momento da presentación este pasado xoves , día 28 de Xullo

Este xoves presentouse o festival que se desarrollorá na vila budetense do 4 ao 6 de agosto. Na cita estiveron a presidenta da Deputación, o director de Agadic e o alcalde de Bueu.
A última conta atrás xa está en marcha. Dentro dunha semana Bueu comezará a vibrar cunha cita marcada no calendario e que regresa para converter o municipio nun epicentro musical e cunha ampla oferta cultural. O SonRías Baixas, organizado por Troula na Banda, foi presentado este mércores na praia de Banda do Río coa presenza do director de Agadic Jacobo Sutil, a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e o alcalde de Bueu Félix Juncal. Tamén asistiron o deputado de Cultura e concelleiro en Bueu Xosé Leal, Jordi Lauren e Berta Domínguez en representación da organización e Salvador Vázquez de Rei Zentolo.
As tres administracións resaltaron a importancia de unir esforzos para colaborar con este tipo de iniciativas. Jacobo Sutil felicitou ao equipo organizador e desexou “o mellor dos éxitos” para esta nova edición. Pola súa banda, a presidenta da Deputación puxo en valor o enclave “fantástico e extraordinario” onde se realizará o festival. Carmela Silva resaltou a calidade gastronómica da vila así como os seus encantos naturais e mostrouse orgullosa de municipios, como é o caso de Bueu, onde “se aposta pola cultura”. A presidenta asegurou que a provincia está a vivir unha “explosión cultural” e destacou a marca ‘Festivais Rías Baixas’, unha iniciativa nada dos promotores co obxectivo de que sete festivais da provincia teñan unha promoción única e conxunta contando tamén co apoio dos gobernos locais.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, agradeceu o esforzo de Troula na Banda por organizar a cita musical e tamén deu as grazas á presenza e apoio da Deputación de Pontevedra e Agadic. Juncal puxo en valor o escenario escollido para a presentación por ser exemplo do que é Bueu hoxe en día lembrando os traballos para recuperar o areal de Banda do Río. O rexedor asegurou que este ano será “unha das mellores edicións que se teñen celebrado ata o de agora” e celebrou a continuidade do festival despois de dous anos de ausencia.
SonRías Baixas
O festival comezará o vindeiro xoves, 4 de agosto, coa festa benvida -con entrada gratuíta- na que actuará Gato López, banda tributo a Ska-P. O venres será a quenda de Chotokoeu, La Sra. Tomasa, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos e La Gran Pegatina mentres que o sábado a xornada comezará ao mediodía cun espazo gastronómico no que cociñarán Quique Otero da Banda Crebinsky, Juaki de Dakidarría e Tonhito de Poi de Heredeiros da Crus mentres tocan en sesión vermú Poetarras e Gold & Colt. O sábado pola tarde tamén será unha das novidades desta edición: SonRías Baixas colaborará por primeira vez co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectando seis curtos no Centro Social do Mar. “O audiovisual e a música son disciplinas que se complementan dando lugar a unha combinación perfecta”, apuntou Jordi Lauren. A partir das oito e cuarto da tarde será a quenda de The Skarnivals, Soziedad Alkoholika, Boikot, La Vela Puerca e Vendetta.
Fonte // Morrazoaldía
 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.