A asociación

As Furnas é unha asociación sen ánimo de lucro adicada á difusión e á creación de actividades socio-culturais enmarcadas dentro da península do Morrazo.

O foco das nosas actuacións está centrado na Península do Morrazo, prestando un pouco máis de atención a Cangas do Morrazo. Por razóns da facilidade de movilidade dos integrantes actuais da asociación, dentro desta comarca.

Somos e seremos sempre unha asociación apolítica e desvinculada de calquera manifestación relixiosa, non relixiosa. Dado que as nosas actividades están enfocadas cara todo o mundo, sen ningún tipo de distinción, xa sexa sexual, política ou relixiosa, consideramos que as nosas conviccións como asociación, deben ser o máis abertas posíbeis.

Dentro da nosa proposta de actividades, inclúense talleres de manualidades, traballo do coiro, festas, concertos, roteiros e apoio a actividades realizadas por outros colectivos dentro da comarca do Morrazo.

Traballamos na creación de guías de ocio do Morrazo:

  • Guía de praias do Morrazo.
  • Guía dos lugares de interese paisaxístico e cultural do Morrazo.
  • Guía de escalada no Morrazo.
  • Difusión de lugares de ocio habituais, tales como bares, pubs, salas, discotecas ...

Outra das nosas liñas de actuación é poñer en valor os ricos valores culturais da nosa comarca. Para elo estamos a traballar tamén na creación de guías de información acerca do noso patrimonio, xacementos arqueolóxicos, petroglifos, igrexas e demáis patrimonio histórico e cultural da comarca.

Difusión dos recursos de uso público da comarca, bibliotecas, comedores sociais, etc.

Toda a documentación que vaia adquirindo o colectivo distribuirase abertamente na rede, anunciarase nesta web e distribuiranse baixo licenzas copyleft para unha libre difusión.

En resumo, tratamos de achegar o disfrute da comarca, en tódolos seus sentidos, a todo o mundo, para os que aquí vivimos e para os que nos visitan.

 

Membros actuais

Presidente:
Serafín

Vicepresidenta:
Olinda

Tesoureira:
Ana María

Secretario:
Esteban

Vogal:

Roman